Noticias e alertas

Dodro informa:

18/07/2024

Dodro informa:



A Xunta de Goberno Local de Dodro ven de aprobar o V Plan de Igualdade do Concello.



Un documento que se divide en en 5 áreas máis unha sexta específica destinada ao movemento LGBTI+ . O documento divide o traballo nos ámbitos educativos, de emprego, social, institucional e da igualdade, da violencia de xénero e das violencias machistas. 🌍



O sexto responde a unha necesidade imperiosa da nosa sociedade: a incorporación da igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGBTI+ . 🌈



Coa aprobación deste documento, que será presentado polo alcalde Xabier Castro, e pola concelleira de Igualdade Teresa Batalla nos vindeiros días, nun acto aberto ao público no salón de actos do Concello, “reafírmase o noso compromiso inquebrantable coa equidade e coa xustiza, sendo construído sobre as bases sólidas establecidas no plan anterior, mantendo e ampliando as accións que demostraron ser efectivas”, tal como expresou Francisco Xabier Castro Tourís, Alcalde do Concello de Dodro.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies