Noticias e alertas

O concello de Dodro ven de rematar os traballos de mellora e acondicionamento...

21/07/2024

O concello de Dodro ven de rematar os traballos de mellora e acondicionamento de pistas municipais na zona que discorre entre Lestrobe e Bexo. 🛣️

O obxectivo de estes traballos é mellorar a mobilidade sostible no concello con senda como a que ven de rematarse e impulsar o seu uso. A modo de celebración, e para comprobar o resultado final dos traballos, o concello convida a toda a veciñanza a facer un percorrido conxunto en bicicleta o vindeiro martes día 23. 📅

O punto de partida serán as pistas deportiva de Lestrobe (antigo campo de fútbol) ás 11 da mañá. O alcalde de Dodro, Francisco Xabier Castro, convida a todo o mundo a participar e desfrutar “das melloras que imos acometendo no noso concello, con fin de facelo máis sostible e eficiente; un lugar mellor para vivir”.



https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/dodro/2024/07/21/dodro-abre-senda-bexo-lestrobe-paseo-ciclista/0003_202407S21C5994.htm











Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies