Noticias e alertas

bop.dacoruna.gal

27/07/2024

Dodro informa:



O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia reabre o proceso para a elección de Xuíz ou Xuíza de Paz.



A elección fora aprobada con maioría relativa no pleno do 14 de marzo. A acta da sesión foi notificada ao TSXG quen decidide reiniciar o proceso ao non aprobarse por maioría absoluta.



A votación contou co voto a favor de Psoe, BNG e UVD e a abstención de PP e XD. Unha vez elixida a persoa remitiuse ao TSXG a acta da sesión para formalizar o nomeamento. A ausencia dunha concelleira de Unidade Veciñal de Dodro fai que o tribunal reinicie o proceso ao ser necesaria unha maioría absoluta na aprobación do candidato.



Os aspirantes teñen un prazo de 15 días para presentar as solicitudes acompañadas das documentación necesaria que se pode atopar na publicación do BOP



https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2024/07/24/2024_0000005163.pdf?fbclid=IwY2xjawEQWQxleHRuA2FlbQIxMAABHQdjCGHwCXnWvSvM0MjF9AJVpZh5fNOKHzTnvEUNOiErH_jVcP4je4i_ZQ_aem_KzICbxRhRqy-TVHu95NYAg .



Desde o concello de Dodro pídenlle a UVD máis rigorosidade nas súas publicacións en redes sociais. A comunicación de reinicio do proceso chegou onte, día 26, ao concello. Un organismo público non pode publicitar algo sen ter a documentación no seu poder.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies