Noticias y alertas

Dodro informa:Os concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón veñen de asinar un...

31/07/2024

Dodro informa:



Os concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón veñen de asinar un convenio no que acordan desenvolver e xestionar a Ruta Rosaliana-As pegadas de Rosalía, un itinerario que percorre lugares intimamente vencellados á vida e á obra de Rosalía de Castro. 📄

O acto tivo lugar na Casa de Rosalía e coa presencia dos alcaldes dos catro municipios:

Ames, Blas García; Brión, Pablo Lago; Dodro; Xabier Castro; e Padrón, Anxo Rey,.

Os rexedores déronlle o visto bo á creación dunha comisión mixta que xestionará a agrupación supramunicipal e todas aquelas iniciativas e actividades que desenvolva para conservar e promocionar esta ruta rosaliana e o patrimonio material e inmaterial da súa contorna.

Así mesmo, o acto serviu para presentar a primeira das actividades: a realización da ruta en autobús cunha visita guiada e teatralizada, prevista para o sábado 14 de setembro. As inscricións, gratuitas, abriranse do luns 26 de agosto ata o martes 10 de setembro en www.padronturismo.gal/inscricions, tendo en conta que as prazas para os dous autobuses dispoñibles (un que saíra de Dodro ás 9.30 horas e pasará por Padrón e outro que saíra de Ames ás 9.30 horas para pasar despois por Brión e por Ames) serán adxudicadas por orde de inscrición. 🚌

Ao remate da ruta, ao redor das sete da tarde, todas as persoas participantes e aquelas que queiran asistir ata completar o aforo poderán gozar dun concerto de Manoele de Felisa na igrexa de Santa María de Iria Flavia.







Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies