Noticias y alertas

Dodro informa:

09/08/2024

Dodro informa:



Desde o concello de Dodro queremos aclarar o sucedido coa nova senda sostible que está a levantar polémicas estériles.

1 As obras públicas supoñen procesos burocráticos moi complexos, máis no caso da colaboración entre administracións, que se xustifican como garantías de que o traballo se axusta ao acordado.

2 No caso da nova senda a revisión por parte dos especialistas decidiu que se modificaran os redutores de velocidade e que se usara formigón. Si isto supón unha mellora sobre o proxecto orixinal ou non é algo que se verá co tempo é o uso.

3 Hai que indicar que os cambios realizados non supoñen un incremento do custo da obra. Hai que engadir ademais que cando as obras sexan rematadas deberán contar coa certificación do director técnico das mesmas.



4 Que alguén vexa unha senda con formigón fresco, pise e no canto de volver para atrás decida continuar é algo que só se pode cualificar de vandalismo. Calquera pode cometer o erro de pisar, seguir e cruzar todo e obrar de mala fe.

5 Que grupos políticos e agrupacións de electores que tiveron responsabilidades de goberno fagan bromas con este tema só pode cualificarse de deslealdade política. Desde o concello asumimos as críticas construtivas, acertadas en moitos casos, pero non a burla feita por alguén que debería coñecer os procesos administrativos.



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies