Noticias y alertas

Hoxe comezou no noso concello, en Rialiño, a rodaxe da serie Lume. Trátase...

19/08/2024

Hoxe comezou no noso concello, en Rialiño, a rodaxe da serie Lume. Trátase dunha coprodución entre a produtora galega Setemedia e a portuguesa Coral. Emitirase no primeiro semestre de 2025 na TVG, RTP e MAX (antes HBO MAX); e contará cunha distribución internacional nos principais mercados europeos. 🎦



Unha oportunidade única para que as paisaxes de Dodro se difundan dentro e fora do noso país. O filme aborda o tema dos incendios provocados en España e Portugal e está centrada na Galicia.



Lume está protagonizada por Cristina Castaño (Na Gloria, Toy Boy, La que se avecina), Albano Jerónimo (Rabo de Peixe, Vikingos), acompañados polos galegos Isabel Naveira, Xulio Abonjo e os novos talentos Grial Montes e David Rodríguez. 📷



Foi escrito polo tándem internacional Irene Pin e Sara Rodi e apoiada nunha profunda investigación. A serie explora un ámbito impactante que nunca antes se tratou dunha forma que atraera a unha audiencia internacional.



Desde o concello queremos agradecer a colaboración veciñal que facilitou o traballo do equipo de rodaxe e axudou a que todo saía ben.















Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies