Noticias y alertas

Dodro informa:

20/08/2024

Dodro informa:



Dende o pasado 29 de xuño e ata o 30 de setembro poden solicitarse as axudas do programa UNICO Bono Social. O bono poderase empregar para a contratación ou mantemento da conexión á banda larga fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps. Nesta nova convocatoria será subvencionable o servizo xa instalado nos fogares, non se precisa unha nova contratación.

🌐

Está dirixido a persoas que reciben a Risga da Xunta ou o IMV do Goberno ou cuxa renda anual sexa inferior ao 125% do IPREM en caso de non haber menores na unidade familiar ou 175% no caso de que si haxa menores.

💻

O desconto do bono consiste nunha minoración na mensualidade, ata 20 euros na factura emitida pola entidade colaboradora elixida durante un período de ata 12 meses cun máximo de 240 euros.



Para levar a cabo a solicitude recoméndase a presentación telemática a través dunha persoa autorizada, como pode ser o persoal dos servizos sociais comunitarios. Lembrade que podedes resolver as dúbidas nos servizos sociais municipais no 981 80 24 66 ou escribindo a servizossociais@dodro.gal .



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies