25/08/2024
30 voluntarios libran de acacias a Cruz do Avelán
Coordinados pola Fundación Montescola 30 voluntarios limparon de acacias o Monte Cruz do Avelán , na parroquia de San Xoán de Laiño, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do mesmo nome. 🌳🌳🌳
Os traballos forman parte do proxecto CAPRIF-CC, que se desenvolverá ata finais de 2025
en cinco zonas piloto de Galicia e Asturias caracterizadas por ser zonas rurais de alto valor
natural ou áreas queimadas, sendo una delas o denominado Living Lab Barbanza-Ulla-Sar,
que comprende os municipios de Dodro, Lousame, Padrón, Porto do Son e Rianxo. ⛰️
A zona fora limpada hai meses pola Comunidade de Montes e os voluntarios repetiron eses traballos. O obxectivo e axudar aos comuneiros a ”recuperar un bosque de ribeira en toda a zona, que estaba totalmente invadida, para que sirva de cortalumes verde e de corredor de biodiversidade”, segundo explica Joám Evans director de Montescola.
Desde o concello de Dodro transmitímoslle os nosos parabéns tanto á Fundación como á Comunidade de Montes da Cruz do Avelán. 🌲🌲🌲
A xornada de voluntariado ambiental celebrada hoxe en Dodro non será a única do proxecto
CAPRIF-CC na Comarca de Sar, posto que para o sábado 7 de setembro está programada
unha nova actividade de eliminación de acacias, tamén de 10.00 a 14.00 horas, no monte
do Lapido, na parroquia padronesa de Carcacía. As persoas interesadas en inscribirse
deberán enviar previamente un correo electrónico a info@montescola.org. 🍁🍁🍁
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies