Noticias y alertas

Dodro informa: programa madrugadores no CRA de Dodro - Padrón

09/09/2024

Dodro informa: programa madrugadores no CRA de Dodro - Padrón



O concello de Dodro renova a aposta polo programa madrugadores no Colexio Rural Agrupado, CRA, despois da boa acollida do curso pasado. 🏫



Trátase dunha iniciativa de conciliación que permite ás familias deixar aos cativos antes do horario de apertura da escola. Un xeito de que os país que por distintos motivos precisen erguer aos nenos antes, poidan ter a opción de deixalos na escola, nun servizo público e municipal. ⏰



O servizo estará operativo nas escolas que consigan un número mínimo de usuarios, e permite deixar os meniños unha hora antes da apertura da escola, ademais permite duas opcións, con almorzo ou sen el. 🥣



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies