20/09/2024
Dodro informa:
As persoas maiores de Dodro que queiran aprender a defenderse coas novas
tecnoloxías teñen a oportunidade participando nun obradoiro o próximo
mes de outubro na Casa de Cultura. 👴
O curso de dixitalización pretende axudar a veciñas e veciños maiores,
de 65 anos, a realizar trámites básicos como usar o teléfono móbil, os
caixeiros do banco, ou pedir citas médicas a través da aplicación móbil
do sergas. 💻📱
Estes cursos gratuítos de dixitalización, impartidos pola Fundación
Amigos de Galicia, pertencen ao programa "Mellor Acompañad@s", que ten
como obxectivo fomentar a autonomía e a independencia das persoas
maiores.
A inscrición debe realizarse chamando ao número dos Servizos Sociais:
981802466
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies