Noticias y alertas

O SAF de Dodro xa dispón de vehículo propioO concello de Dodro ven de recibir...

11/09/2024

O SAF de Dodro xa dispón de vehículo propio



O concello de Dodro ven de recibir un vehículo que se destinará aos Servizos de Axuda no Fogar, SAF. O coche foi adquirido grazas a unha subvención da Deputación da Coruña. 🚗



Este equipamento permitirá que as traballadoras eviten usar o seu coche particular como viñan facendo ata o de agora. Esta é unha das demandas que se repiten nas reunións que os concellos manteñen habitualmente co persoal do SAF. 🧓



Este novo vehículo chega como parte dunha política de renovación do parque de maquinaria do concello, abandonado durante os últimos 8 anos. O actual goberno municipal marcouse esta renovación como unha prioridade xa que algúns de estes coches superan os 30 anos.



Na recepción do vehículo estivo presente o alcalde de Dodro, Xabier Castro, acompañado pola Deputada de Política Social da Deputación da Coruña, Mar García, e a concelleira de servizos sociais de Dodro, Teresa Batalla. Os presentes destacaron a importancia de estas subvencións que resolven unha das eivas de equipamento do SAF.











Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies